domingo, 9 de agosto de 2015

ENCONTROS DAS FINAIS FUTSAL 15

Despois dos encontros disputados hoxe nas semifinais do torneo de verán... estos serán os partidos que se xogarán o martes para coñecer aos vencedores de cada categoría no torneo de Fútbol Sala de Fornelos. 

Consegue as túas entradas... Nos estamos desexando disfrutar destes encontros... que gañen os mellores!!! 



luns, 27 de xullo de 2015

TROFEOS CATEGORIA SENIOR

A organización publica os trofeos que se concederán na categoría senior. Noraboa a todos. 

ENTRADAS PARA A FINAL FUTSAL 2015

A organización recorda as entradas para a final que se celebrará o martes 11 de agosto custarán 1 € para a axuda das festas patronais de Fornelos.


Enseguida se formarán colas para mercalas… non quedes sen a túa e disfruta da final do torneo.

SEMIFINAIS DO TORNEO 2015

O 9 de agosto celebraranse as diferentes semifinais de cada una das categorías. 
Aquí vos deixamos os cadros dos diferentes encontros e a hora de celebración de cada un deles.
Falta menos para coñecer aos finalistas que se enfrontarán o día 11…. Que gañen os mellores!!




RESULTADO CUARTOS DE FINAL - TORNEO SENIOR

Estes foron os resultados dos partidos de cuartos de final.


Así que xa temos os semifinalistas: Bunker, Os Galácticos, A Lareira Reformas Duarte e Traspielas.

domingo, 26 de xullo de 2015

RESULTADOS CUARTOS DE FINAL - TORNEO CADETE

Estes foron os resultados dos partidos de cuartos de final da categoría cadete.


Así que xa temos os semifinalistas que o día 9 xogarán por un posto na final: Minabo de Kiev, Killer Tem e FutSal Amigos.

CUARTOS DE FINAL - TORNEO SENIOR

Chegamos á recta final do primeiro fin de semana do torneo. Arrancan os cuartos de final da categoría Senior. 
Está en xogo o pase ás semifinais desta edición do torneo de verán de fútbol sala de Fornelos.



COMPETICIÓN EN MARCHA - CATEGORÍA SENIOR

Xa está en marcha a sesión da tarde e, nas diferentes eliminatorias, o balón comeza a rodar.... estos son os partidos que se disputarán esta tarde no torneo Senior.



COMPETICIÓN EN MARCHA - CATEGORÍA CADETE

Xa está en marcha a sesión da tarde e, nas diferentes eliminatorias, o balón comeza a rodar.... estos son os partidos que se disputarán esta tarde no torneo de cadetes.