Queremos facer unha noticia sobre a piscina para recordarvos a importancia das normas que fixemos dende a organización en colaboración co Concello de Fornelos de Montes.
En primeiro lugar recordar que só poderán acceder ás instalacións aqueles xogadores/as que estén anotados nas follas de inscripción facilitadas pola organización.
Así mesmo, será imprescindible para poder entrar que cada un presente ao persoal das instalacións o seu DNI. Todos aqueles/as que non o traiades non vades poder acceder á piscina nin a organización poderá facer nada para solucionar este problema.
Non é obrigatorio o uso de gorro.
Recordade coidala e respetala sobre todo nas festas que haberá pola noite. Se ao día seguinte teñen que reparar algo a piscina permanecerá cerrada e non se poderá acceder.
Lembrádeo por favor!!!
Preparádevos para pasar unha moi boa fin de semana de ocio, diversión e deporte!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario