A organización publica os trofeos que se concederán na categoría senior. Noraboa a todos.
luns, 27 de xullo de 2015
ENTRADAS PARA A FINAL FUTSAL 2015
A organización recorda as entradas para a final que se celebrará o martes 11 de agosto custarán 1 € para a axuda das festas patronais de Fornelos.
Enseguida se formarán colas para mercalas… non quedes sen a túa e disfruta da final do torneo.
RESULTADO CUARTOS DE FINAL - TORNEO SENIOR
Estes foron os resultados dos partidos de cuartos de final.
Así que xa temos os semifinalistas: Bunker, Os Galácticos, A Lareira Reformas Duarte e Traspielas.
domingo, 26 de xullo de 2015
RESULTADOS CUARTOS DE FINAL - TORNEO CADETE
Estes foron os resultados dos partidos de cuartos de final da categoría cadete.
Así que xa temos os semifinalistas que o día 9 xogarán por un posto na final: Minabo de Kiev, Killer Tem e FutSal Amigos.
CUARTOS DE FINAL - TORNEO SENIOR
Chegamos á recta final do primeiro fin de semana do torneo. Arrancan os cuartos de final da categoría Senior.
Está en xogo o pase ás semifinais desta edición do torneo de verán de fútbol sala de Fornelos.
COMPETICIÓN EN MARCHA - CATEGORÍA SENIOR
Xa está en marcha a sesión da tarde e, nas diferentes eliminatorias, o balón comeza a rodar.... estos son os partidos que se disputarán esta tarde no torneo Senior.
COMPETICIÓN EN MARCHA - CATEGORÍA CADETE
Xa está en marcha a sesión da tarde e, nas diferentes eliminatorias, o balón comeza a rodar.... estos son os partidos que se disputarán esta tarde no torneo de cadetes.
venres, 24 de xullo de 2015
CATEGORÍA SENIOR MIXTO - CADRO DE PARTIDOS
Partidos do venres e do
sábado da categoría SENIOR MIXTO.

xoves, 23 de xullo de 2015
ZONAS DE ACAMPADA - FUTSAL 2015
Mañá, venres 24 de xullo, a partir das 9:00 da mañá estará aberta a zona de acampada para todas aquelas persoas que desexedes utilizar as instalacións.
* Podedes achegar os vosos coches preto das tendas para descargar e a continuación deixar espazo para outros compañeiros/as.
* A organización non se responsabiliza de posibles roubos de cousas persoais. Debedes ter coidado vós mesmos do que deixades por alí.
* Queremos pedirvos que sexades responsables do voso lixo e que teñades a zona limpa, para facer mais agradable a estancia de todos.
Disfrutade destos días de ocio e deporte xuntos!
REFRÉSCATE NA PISCINA DE FORNELOS
Unha das vantaxes é beneficios de participar no torneo é poder disfrutar gratuítamente da piscina municipal, por iso queremos recordar a importancia das normas básicas que elaboramos dende a organización en colaboración co Concello de Fornelos de Montes.

* Só poderán acceder ás instalacións aqueles xogadores/as que estén anotados nas follas de inscripción facilitadas pola organización. A cada un facilitaráselle unha pulseira que será será imprescindible para poder acceder ao recinto da piscina.
* Non é obrigatorio o uso de gorro.
* Recordade coidala e respetala sobre todo nas festas que haberá pola noite. Se ao día seguinte teñen que reparar algo, a piscina permanecerá pechada e non se poderá acceder.
Preparádevos para pasar unha moi boa fin
de semana de ocio, diversión e deporte!!!
SORTEO DE GRUPOS 2015
Hoxe, xoves 23 de xullo, ás 19:30, no pavillón de deportes de Fornelos de Montes, celebrarase o sorteo dos diferentes grupos que participan no campionato: senior, senior mixto e cadete.
Pronto subiremos o cadro destes respectivos grupos.
En pouco mais de 24 horas comezarán a
rodar os balóns e estaremos en marcha!
Xa non falta nada!! Vémonos!!
A PIQUES DE COMEZAR O TORNEO DE VERÁN DE FÚTBOL SALA 2015
Aquí estamos un ano mais para disfrutar xuntos o torneo de verán de fútbol sala que se celebrará, do 24 ao 26 de xullo e os días 9 e 11 de agosto, en Fornelos de Montes.
Desexamos que disfrutedes do fútbol sala e de todo o que vos queremos ofrecer estos días en Fornelos.
Estade atentos a este blogue no que poderedes seguir todas as novidades.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




















