Mañá, venres 24 de xullo, a partir das 9:00 da mañá estará aberta a zona de acampada para todas aquelas persoas que desexedes utilizar as instalacións.
* Podedes achegar os vosos coches preto das tendas para descargar e a continuación deixar espazo para outros compañeiros/as.
* A organización non se responsabiliza de posibles roubos de cousas persoais. Debedes ter coidado vós mesmos do que deixades por alí.
* Queremos pedirvos que sexades responsables do voso lixo e que teñades a zona limpa, para facer mais agradable a estancia de todos.
Disfrutade destos días de ocio e deporte xuntos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario